Dende o mes de Febreiro os mestres da e-Trad estamos a desenvolver unha serie de concertos didácticos por diversos IES de Vigo. A actividade está a ter moi boa acollida entre os alumnos e agardamos que sirva de estímulo para que no vindeiro curso moitos deles se animen a matricularse na escola. Consulta a relación dos vindeiros concertos ao final desta páxina.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
28 marzo 2009
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario