11 maio 2009

O músico nordestino Renato Spencer abriu o 1º Ciclo "As Músicas Inmigradas" organizado pola e-Trad


Renato Spencer, acompañado polos músicos de Café Caxaça, abriu as xornadas organizadas pola e-Trad sobre músicas inmigradas, que están a transcorrer nos tres primeiros venres do mes de maio. 
Logo da proxección de dous documentais sobre o pasado e presente da música nordestina, Renato e compañía converteron o patio da escola, co seu bo facer e fino sentido do humor,  nun salón de baile Recifeño onde os asistentes aprenderon e practicaron os pasos máis comúns dos principais ritmos do Nordeste do Brasil.
A xornada rematou gastronómica. Os asistentes puideron probar sabores e delicias brasileiras e galegas.
O vindeiro venres 15 de Maio, poderemos escoitar e saber da música da India practicada en Benarés, da man do excelente tocador de Táboa Vikas Tripathi. Será no patio da escola a partires das 18 horas. A entrada é de balde e aberta a todo o mundo. Agardámosvos!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego