
O conxunto instrumental de segundo curso representou á e-Trad no segundo encontro de Escolas Municipais de Música de Galicia, organizado pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo. Unha treboada seguida dunha suite de temas tradicionais tiveron unha grande aceptación polo numeroso público congregado nos xardíns de Montero Ríos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada