19/06/09

Rodrigo Romaní, director da e-Trad, invitado a dar unha conferencia no festival de Lorient

A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano é Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.

Actualidade Actividades Extraescolares

Actualidade dos Ciclos Divulgativos da e-Trad nos centros de educación da cidade

Pon aquí o teu anuncio de compra-venta ou aluguer de instrumentos e equipo