O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
09 novembro 2009
Comezaron os II Ciclos Divugativos para escolares 2009-10
Alumnas e alumnos da materia de Música do Colexio Padre Míguez - Calasancias, foron os primeiros en disfrutar o primeiro concerto didáctico da tempada 2009-10. Esta vez foi o propio colexio o que se desprazou ata o auditorio da e-Trad para escoitar e ver en directo ao grupo de mestres que prepararon un repertorio especialmente adaptado para un público esixente que non perdoa o aburrimento e quere participar do espectáculo. Segundo o comentado por eles mesmos, pasárono moi ben e aprezaron de primeira man as posibilidades artísticas e escénicas do folk e a música tradicional do noso país.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario