16 xaneiro 2010

Conferencia de Anxo Martínez sobre a indumentaria tradicional galega

O venres 15 de Xaneiro, visitounos Anxo Martínez, un dos máis sobranceiros investigadores e coñecedores da historia da indumentaria tradicional galega. Falounos durante dúas horas sobre unha pequena parte dos datos e clarificadoras conclusións ás que chegou  trala minuciosa investigación que ven realizando desde hai  anos sobre as prendas que vestían os galegos, neste caso da bisbarra de Compostela desde o S.XVII ata o XIX. Agardamos espectantes a publicación do traballo deste incansable investigador, que de seguro, fará capítulo isolado na bibliografía galega verbo da nosa indumentaria tradicional.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego