O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
13 xaneiro 2010
Ciclos Divulgativos. A e-Trad no IES Castelao de Vigo
Logo das festas de Nadal, os mestres da e-Trad volveron levar os instrumentos que se aprenden na escola a un centro de ensino da bisbarra viguesa. O martes dia 12 de Xaneiro visitaron o IES Castelao do Calvario. Alí tod@s puideron comprobar unha vez máis, o valor da música para transmitir e compartir emocións, a través da súa escoita, interpretación e baile.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario