O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
26 febreiro 2010
A e-Trad e a Orquestra SondeSeu acadan un dos 8 proxectos españois para o programa europeo Cultura 2007-2013.
O proxecto, de 2 anos de duración, consiste na creación e consolidación da Rede Europea de Orquestras Folk, (ENFO), na que participarán nunha primeira fase a Sibelius Academy de Helsinki e a Orquestra Tradalp de Turín. Máis detalles, clica no título.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario