O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
11 febreiro 2010
Extraescolares e-Trad. AUDICIÓN de ALUMN@S
Logo do éxito acadado na audición pasado dia 5, o venres dia 12 de Febreiro as 19 horas, teremos no salón de actos da e-Trad a audición dos alumnos de 1º, 2º e 3º cursos das especialidades instrumentais de Canto, Gaita, Percusión, Requinta e Acordeón Diatónico. A entrada é de balde ata completar aforo. Estades tod@s invitad@s!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario