28 abril 2010

A e-Trad presenta a 2ª edición do Ciclo de concertos "As Músicas Inmigradas"

II Ciclo As Músicas Inmigradas
Logo do éxito de convocatoria e participación do ano  pasado a e-Trad reedita este II ciclo de Músicas Inmigradas. Parte da filosofía de dar a coñecer  as culturas foráneas á nosa, da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso. Falarán das formas de vida, sociedade, gastronomía e, por suposto, da música do seu pais, das  semellanzas e diferencias entre a súa cultura e a nosa. Da súa andaina por estes lares, o encontro coa nosa música e a maneira na que decidiron fusionala coa súa propia . En definitiva, trátase de fomentar o coñecemento entre as diversas culturas que conviven xuntas facilitando a súa integración.A entrada é libre e de balde ata completar aforo. Os lugares: Auditorio e patio da e-Trad
Datas:  7 de maio (Venezuela), 14 de maio (Irlanda), 21 de maio (Angola)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego