O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
05 abril 2010
Extraescolares e-Trad. Curso de Musicoterapia para Mestres. Venres 9 e 16 de abril
Impartido por Xela Conde, a e-Trad ten programado un curso de Musicoterapia para mestres en dúas sesións: o venres 9 e 16 de abril. A hora de comezo será as 18h. O lugar: o Salón de actos da escola. Podes inscribirte na secretaría da e-Trad de 16 a 19h, ou nos enderezos-e: etradvigo@gmail.com ou e-trad@vigo.org. A matrícula é gratutita
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario