18 maio 2010

II Ciclo de Músicas Inmigradas: ANGOLA – Alberto Mvundi. Venres 21 ás 18h


Na e-Trad continuamos co II Ciclo de Músicas Inmigradas que nos achegan a sonoridade doutras culturas musicais da man de músicos que conviven entre nos. O vindeiro venres 21 disfrutaremos da tradición musical angoleña da man de Alberto Mvundi.
Músico e compositor angolano afincado en Galicia dende fai algúns años; Alberto é uns dos máis coñecidos músicos da comunidade africana residentes en Galicia.
Precisamente todo empeza nunha terra con mais problemas que calquera outra cosa: Angola, uns dos países con mais riqueza natural de África, vive na miseria a causa da guerra. O conflito obriga a Mbundi a emigrar a Portugal en 1990, onde toca na rúa. Anos mais tarde decide marchar a Galicia onde continua ca súa música na rúa e forma unha familia.
O longo dos anos foi coñecendo a músicos galegos de diferentes estilos cos que fai fusión de música angolana e galega, cunhas letras comprometidas que falan de alegría e liberdade.
Atopou a forma do seu zapato,  “Turma”, voz portuguesa traducida por Mbundi como «peña». Son cinco músicos saídos de grupos coruñeses, entre eles dous de Os Papaqueixos, banda de referencia do folk rock galego. As tendencias de uns e outros, metidos nunha cocteleira, dan lugar a unha música inclasificable. Atenden a influencias africanas e tropicalistas brasileñas, pero tamén beben da fonte sonora das Antillas e ,
por suposto, do folk galego.
  Venres 21 de 18h a 21h 

Auditorio da e-Trad.
Entrada libre ata completar aforo


 
 

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego