01 xullo 2010

ÁBRESE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN CORRESPONDENTE AO PRÓXIMO CURSO 2010-2011

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, oferta 243 novas prazas para todas e todos os que desexen estudar algunha das 9 especialidades instrumentais, incluíndo o canto, no ámbito de música tradicional de Galicia.

Profesionais de recoñecido prestixio nas súas especialidades conforman a plantiña da primeira escola de música tradicional e folk de Galicia. A oferta educativa da escola para este ano presenta dúas modalidades diferentes: unha para afeccionados e público en xeral (219 prazas) e outra para preparación a estudos profesionais e superiores (24 prazas). O itinerario Básico correspondente á primeira modalidade será accesible a todos os que o desexen, mentres que o itinerario Profesional vai esixir a superación dunha proba de acceso. Neste curso 2010-11 a inscrición é gratuíta e pódese facer en liña na dirección web: www.e-trad.org. A idade mínima para admisión de alumnado é de 9 anos. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de setembro.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego