23 novembro 2010

NATALIE HASS & ALASDAIR FRASER en VIGO

http://www.nordesia.com/wp-content/uploads/2010/11/alasdair_natalie_4501.jpg
A mellor música escocesa volve de novo a Galicia. Alasdair Fraser, o máis recoñecido violinista de Escocia presenta o seu dúo coa violonchelista Natalie Haas. Neste concerto ofrecerán ao público vigués varios temas do que será o seu terceiro traballo  e no que se incluirán duas pezas galegas: A Muiñeira de Chantada e A Bruxa, de Antón Seoane.
Os mestres da e-Trad de Bouzouki e Violín Folk : Josiño Liz e Alfonso Franco, manteñen unha boa amizade cos artistas, cos que xa tiveran a oportunidade de tocar  nas dúas últimas edicións do North Atlantic Fiddle Convention en Canadá e Escocia.  O dúo actúa o martes 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo e as entradas teñen un prezo de 5 euros.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego