24 novembro 2010

Rematado o Obradoiro de expresión, desinhibición e expresividade no canto


Rematou o Obradoiro de expresión, desinhibición e creatividade no canto, celebrado o día 19 de novembro e impartido por Xela Conde.

Unha gran tarde de curso onde os participantes (nin mais nin menos que 20) puideron xogar, cantar, bailar, percutir, expresar, crear ...  nun ambiente aberto e acolledor. Conseguidos todolos obxectivos. Expresáronse e comunicaron diferentes estados anímicos e roles cantando, compartiron espazos bailando, crearon coplas e ritmos, improvisaron ... e todo isto dunha maneira relaxada, botando ao lixo a inhibición e ríndose sanamente os uns dos outros.

Animádevos a disfrutar con nós dos seguintes cursos que ofrecemos os venres!!! Agardámosvos!!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego