21 decembro 2010

A e-Trad deséxavos unhas felices festas e un feliz aninovo!

O mércores 22 de decembro rematamos as clases na e-Trad ata o vindeiro dia 10 de Xaneiro. Atrás queda un trimestre inzado de traballo nas aulas, actividades extraescolares, masterclass, audicións e cursiños.


Xustamente coa audición de nadal celebrada o pasado venres 17 de decembro, alumnos e mestres das nove especialidades instrumentais celebramos festivamente a proximidade do nadal.

Agardamos que a música siga a ser vehículo de creación, de emocións e de disfrute para todos vos neste ano que se vai e no 2011, que xa axexa, vixiando entre os cómaros do calendario.

Felices festas e bo aninovo a todos!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego