15 decembro 2010

Concerto de Berrogüetto, Carmen París e as Pandereteiras de Cantigas e Agarimos

A Universidade de Vigo recupera para este concerto de Nadal un feito histórico ao xuntar de novo a Berrogüetto, o grupo no que milita Anxo Pintos, o mestre de zanfona da e-Trad, coas Pandereteiras de Cantigas e Agarimos lembrando o acontecido neste mesmo teatro no ano 1996, cando se presentou ao mundo o seu primeiro disco “Navicularia”, traballo supuxo unha gran revolución dentro da música galega polo seu innovador estilo, onde as melodías tradicionais eran tratadas cunha gran frescura, achegando interesantes harmonizacións modais e contrapuntos.

Carmen París, a voz aragonesa coa que xa puidemos gozar hai dous anos na súa colaboración con SondeSeu, é convidada de excepción para este evento de Berrogüetto, artista  coa que comparte, ademais de numerosos premios internacionais, o gusto pola experimentación a partir do tecido sonoro da música tradicional.


Será o mércores 15 de Decembro ás 20.30h na Sala de Concertos do Teatro Novacaixagalicia (García Barbón)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego