19/1/11

Rematado o monográfico: A harmonía básica na música tradicional impartido por Carlos Quintá


Rematado quedou o primeiro monográfico do ano 2011 que os numerosos asistentes puideron disfrutar na e-Trad o día 14 de xaneiro.

Foi productiva, curta e intensa a actividade do venres, na que se traballou sobre o uso da armonía moderna nas melodías populares, de carácter tonal e en modo maior. A concienzación do importante da educación auditiva, esto é da rápida identificación das cores e sensacións que nos producen o emprego de distintas progresións armónicas, foi a principal mensaxe que recibíu o alumnado. Alén disto, fixemos un breve repaso dos intervalos, e falamos sobre funcións tonáis e substitucións de acordes, e armonizamos e vestimos de chulas cores temas moi coñecidos coma os pasodobres de San Roque e Imende, ou a Canción galego-portuguesa "O ramalho".

Así que xa sabedes. Seguide as nosas actividades dos venres e vinde a participar!!

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu