15 marzo 2011

A Rede Europea de Orquestras Folk estará en Aosta (Italia) en Xuño, e en Helsinki (Finlandia) en Setembro 2011

A 2ª reunión da ENFO (European Network of Folk Orchestras), proxecto da Axencia Europea liderado polo Concello de Vigo  a través da  e-Trad, celebrada en Helsinki os dias 12 e 13 de marzo, acordou participar no festival CELTICA, o 30 de Xuño, no val alpino de Aosta (Italia). Alí participarán as orquestras Sondeseu e Tradalp no concerto de inauguración. Do mesmo xeito terán lugar diversas actividades, workshops e masterclases, tanto para o público como para os membros das distintas orquestras.

Tamén tomouse o acordo de aceptar a invitación da cidade de Helsinki para que as orquestras e socios da Rede actúen na inauguración dun grande novo centro musical na cidade, que albergará a nova sede da Sibelius Academy e dúas orquestras sinfónicas. Isto será nos días 5 , 6 e 7 de Setembro. A ENFO segue a medrar coa incorporación da Royal Scottish Academy of Music que, a pesar de que aínda non conta con orquestra propia, formará parte das próximas actividades de divulgación, masterclases e concertos.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego