27 abril 2011

Crónica da Audición de primavera da e-Trad


O pasado venres 15 de abril remataron as clases do 2º trimestre do curso 2010/2011 na e-Trad, e como xa ven sendo habitual, clausurámolo cun serán de audicións onde os alumnos puideron compartir o aprendido  durante este tempo cos asistentes.
No marco acolledor que ofrece o patio da escola, foise sucedendo a música con diferentes protagonistas de cada vez, nun ambiente amable, distendido e con momentos emocionantes como a clausura do propio evento, na que tod@s; alumnos, mestres e público en xeral, aunaron as súas voces para demostrar que a música é unha linguaxe universal e sen fronteiras da que tod@s podemos e "debemos" formar parte.
Agora só queda continuar co último trimestre, proseguindo coas clases, ensaios de conxuntos instrumentais, didácticos, actividades extraescolares ... Con alegría e, sobre todo, con moita, moita música.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego