13 abril 2011

Rematado o monográfico "As frautas traversas de madeira na música de tradición oral"



O pasado venres 8 de abril foi o mestre Xosé Liz o encargado de levar a cabo o monográfico "As frautas traversas de madeira na música de tradición oral"

Fíxose un percorrido histórico da construcción e das obras musicais das frautas traversas de madeira dende o Renacemento e o Barroco ata a aparición en Galicia das frautas da Ulla a finais do século XIX. Os asistentes puideron escoitar diversas audicións, ver fotos de diferentes tipos deste instrumento e, entender e experimentar con varias frautas con ou sen barrilete dependendo do momento da súa construcción e da intención do luthier. Tarde de mostra e valoración deste interesante instrumento da nosa música tradicional.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego