O pasado venres 1 de abril alumnos e non alumnos da e-Trad puideron participar no obradoido de construcción de títeres con materiais reciclados impartido por Carlos Quintá e Anxo Basterra e disfrutar da representación da obra "O galo Kiriko".
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario