6/5/11

III Ciclo de Músicas Inmigradas da e-Trad: Rumanía e Uruguay

RUMANÍA
Venres 13 e 20 de maio
18:30 a 20:30
Salón de actos da e-Trad ou patio da Escola de Artes e Oficios (dependerá da meteoroloxía)
Entrada libre ata completar aforo


Os Ciclos de Músicas Inmigradas que leva organizado a e-Trad dende o seu inicio (como actividade libre dentro do seu programa de actividades extrescolares dos venres pola tarde) teñen como fundamento dar a coñecer culturas foráneas á nosa da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso.

Os protagonistas destas xornadas falarán das formas de vida, sociedade, gastronomía e, por suposto, das músicas e danzas tradiccionais do seu pais. Das posibles semellazas e diferenzas entre a súa cultura e a nosa. Da súa andaina por estes lares, o encontro coa nosa música …

En definitiva, trátase de fomentar a unión e a comunicación entre as diversas culturas que conviven xuntas facilitando a súa integración. Comprender que todolos pobos comparten a mesma forma de se divertir e unha linguaxe común; a música.

Este ano contaremos coa presenza de representantes de Rumanía no que sería a primeira parte do ciclo (dúas xornadas de maio) e con representantes de Uruguay na segunda (dúas xornadas de xuño) Ambolos dous paises empregarán a primeira tarde para poñernos en contexto: falar do seu país (localización, sociedade, economía, política …) e achegarnos ás súas tradicións musicais e danzas a través dunha serie de actividades nas que poderán participar todolos asistentes. A segunda xornada será de repaso das actividades e mostra da gastronomía do país, rematando festivamente cun intercambio cultural Galicia-Rumanía, Galicia- Uruguay.

Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, serán os encargados de amosar o folclore e realizar actividades e demostracións musicais e de danza rumanas os días 13 e 20 de xuño de 18:30h a 20:30h. E será a Comparsa “Urumundo”, membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo “candombe”, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.


No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu