24 maio 2011

A Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" en concerto. A Coruña. Venres 27 de Maio, no Teatro Rosalía de Castro ás 21 horas

A Orquestra Folk de Galicia SondeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas célticas, bouzouquis e contrabaixo ata sumar un total de 40 músicos na escea.
Presentarán neste concerto o seu último e premiado disco: Barlovento, no que a música mece, coma o son do vento nas velas, a volta á vida da rica cultura mariñeira dos nosos devanceiros, mergullada nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro.
Función: 21 h.
Entradas: 9 euros (carné xove, + 65 años, desempregados, 7 euros)

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS
Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Televenda: 902 504 500

Billeteira Teatro Rosalía: día do concerto de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego