02 maio 2011

Rematado o monográfico "Como actuar en Público"


O pasado 29 de abril celebrouse o monográfico "Como actuar en público" impartido por Anxo Pintos  de 17 a 20 horas no salón de actos da e-Trad.

Logo dunha introdución teórica na que os 23 alumnos asistentes recibiron nocións básicas sobre a estrutura e organización cerebral, o funcionamento e importancia dos neurotransmisores, a comunicación non verbal, os temperamentos e os mapas representacionais, o monográfico entrou nuha parte práctica con exercicios de dicción e movemento corporal para facilitaren a desinhibición e reducir o bloqueante peso do sentido do ridículo. Logo dunha serie de consellos prácticos  sobre como domesticar a ansiedade psicosomática ante o impacto de someterse a unha experiencia escénica, cada un dos asistentes preparou e escenificou unha presentación musical amosando un alto nivel creativo e de desinhibición.
Agardamos clonar e revivir a  experiencia no vindeiro curso.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego