16 xuño 2011

Rematado o III Ciclo de Músicas Inmigradas: Uruguai

O pasado venres 10 de xuño as actividades extraescolares trasladáronse ao patio da escola. Celebrouse unha "pequena gran" festa na que os nosos xa amigos da "Asociación Uruguayos por el Mundo" amosáron a música "candombe"( fusionado coa preciosa voz de Nieves que, coa súa guitarra, deleitounos con boleros e tangos), bailes e gastronomía (hai que ver como en calquera festa de calquera parte do mundo non pode faltar nin a música nin a comida ... )


 A medida que ía pasando o tempo o ambente tamén se ía caldeando mais, se cadra, e o que nun principio parecía unha festa latinoamericana rematou tendo (como non podía ser doutra maneira) certos toques de gaita e pandeiretas. 


 Un remate perfecto para o Ciclo de Músicas Inmigradas deste ano. Grazas a tod@s @s que participáchedes!!!! ... ide pensando xa no do próximo ano ... AGARDÁMOSVOS!!!!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego