09 xuño 2011

Rematado o monográfico: A primeira maqueta e o primeiro traballo discográfico



O pasado venres 3 de xuño Xosé Liz foi o encargado de compartir os seus coñecementos e aconsellar aos participantes no seu monográfico: A primeira maqueta e o primeiro traballo discográfico.

Os alumnos recibiron unha preparación teórica do que significa enfrentarse a unha primeira gravación en grupo ou en solitario. O mestre pormenorizou nas distintas facetas previas a unha gravación e os elementos que nesta interveñen.Tamén fixose unha pequena exposición da situación actual do mercado discográfico e do negocio que está arredor da música tradicional e Folk.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego