O vindeiro Venres 21 terá lugar no salón de actos da e- trad unha Clase Maxistral impartida polo virtuoso do violín Jazz, Oriol Saña. O violinista catalán amosará como os instrumentos de corda son empregados para improvisar en diferentes estilos musicais e dos cales poderemos escoitar uns cantos exemplos, que Oriol Saña interpretará xunto coa cellista Marta Roma, con quen na actualidade está a desenvolver un importante proxecto musical a dúo. A súa presenza en terras Galegas débese ao curso que o vindeiro fin de semana impartirán en Xustans (Pontecaldelas) organizado por diferentes violinistas vinculados á e-trad.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario