30 novembro 2011

CURSIÑO DE ACORDEÓN E VIOLÍN


O curso está destinado tanto para o nivel básico como para avanzado. 

Constará de tres sesións, dúas delas en estancias separadas e a terceira sesión será conxunta. 
O ecléctico violinista Diego Galaz mostrará durante o curso o funcionamento dos diferentes instrumentos que habitualmente toca: Violín Trompeta, Phonoviolín, Violín Barítono, Serrucho, etc..., unha boa oportunidade para contemplar de preto estes estravagantes instrumentos de corda da man do máis prestixioso intérprete de toda España, quen de seguro, brindará aos asistentes a oportunidade de experimentar con eles.
Jorge Arribas é un dos máis prestixiosos acordeonistas de música popular. De cara a facer máis interesante este curso aos alumnos de acordeón diatónico da e-Trad, o prantexamento do mesmo deixará de lado o apartado técnico, para centrarse máis no estilo e na musicalidade das pezas a interpretar. Deste xeito, tanto acordeonistas cromáticos de botón ou piano e diatónicos poderán participar.
O custe do mesmo é de 40€ e de 50€ incluindo cea e entrada ao concerto.

A distribución horaria é a seguinte:
  • 12. 30-14, 00hs PRIMEIRA SESIÓN
  • 16, 30-18, 00hs SEGUNDA SESIÓN
  • 18, 30-20, 00hs TERCEIRA SESIÓN CONXUNTA
  • 21, 30hs CEA & CONCERTO DE FETÉN FETÉN
  • 24, 00h  FOLIADA

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego