O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
02 novembro 2011
e-Trad. Acto de Apertura Curso 2011-12. Venres 4 de Novembro.19hs. Salón de Actos.
O vindeiro venres, 4 de novembro, terá lugar o acto de inauguración do presente curso 2011-2012. O evento, ao que está convidado todo o alumnado da e-Trad, contará coa intervención dos mestres das distintas especialidades da escola, e durante o mesmo terá lugar a entrega de diplomas aos alumnos que remataron o Grao Instrumentista do Itinerario Profesional. O salón de actos da Escola será o recinto que, a partir das 19:00 horas, acollerá o acto. Agradámosvos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario