29 novembro 2011

E-TRAD / FUNDACIÓN MENELA.Taller de participación musical grupal “Castro Navas”





É posible que moitos dos lectores deste blog descoñezan unha das actividades que realiza a e-Trad alén das fronteiras do centro onde se ubica. Esta é o taller de participación musical grupal que se leva a cabo todolos mércores pola mañá na residencia ocupacional para personas con autismo e psicose “Castro Navas” da Fundación Menela.

Falar de autismo ,de maneira moi básica, é falar da tríada de alteracións que a súa condición conleva. Por un lado unha alteración do desenrolo da interacción social grupal (aillamento, interacción extraña, unilateral ou incluso intrusa, capacidade limitada de empatía …), por outro lado a alteración da comunicación verbal e non verbal (sen linguaxe verbal ou cunha linguaxe con problemas na prosodia, con ecolalia, inversión pronominal …), e por último o feito de ter un repertorio restrinxido de intereses e comportamentos, onde falla o xogo a xeito de simulación, a fantasía ou simplemente a actividade imaxinativa.

Para min, esta oportunidade de colaboura a partires da escola significa reencontrarme cos rapaces e rapazas do centro, voltar a compartir o traballo musicoterapéutico co gran profesional, compañeiro e amigo Carlos Veiga e vivenciar de novo a música de maneira única nun contexto único.

Pero, de que maneira se traballa musicalmente con personas afectadas con autismo e psicose? Pois de moitas maneiras. A música ten unha capacidade comunicacional e social evidente sendo motivadora de estímulos que enriquecen procesos sensoriales, cognitivos e motóricos e tamén fomentando a creatividade e a disposición de cambio. Neste taller traballamos grupalmente para incidir na comunicación. Unha das razóns claras deste método de traballo é para dar continuidade á formación musical xa existente (a “Orquestra Castro Navas” composta por usuarios e monitores) pero tamén porque consideramos que, co emprego da música, motor de emocións, somos quenes de fomentar e alimentar unha serie de vínculos que van máis aló das discapacidades; deixando en primeiro plano as capacidades de cada un, a liberdade de expresión e a propia comunicación que xera.

Os obxectivos son variados e nos levan a realizar unha ou outra actividade; preparando cancións (que algunhas veces propoñen el@s, as súas favoritas), ensinando melodías novas, traballando a instrumentación, ou facendo improvisacións que sempre sorprenden e que moitas veces retroalimentan o repertorio.

É fácil entrever os beneficios que este tipo de actividades pode ter nas personas con discapacidade, sen embargo, penso que calquera músico incluído nun contexto coma este tamén se verá agasallado vivindo a experiencia musical dunha forma diferente, quizais, a habitual na educación regrada ou nos conxuntos instrumentais derivados dela. Unha forma onde a musicalidade e a adaptación son as ferramentas claves (moito máis importantes que os recursos técnicos), e a flexibilidade, paciencia e tolerancia actitudes a acadar.


Asdo: Xela Conde Fernández

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego