24 novembro 2011

GALAXIA E-TRAD.TERESA GÓMEZ, Alumna de 5º na e-Trad participou no V Congreso de Ensinantes

A ZANFONA COMO RECURSO DIDÁCTICO NA
EDUCACIÓN MUSICAL PRIMARIA


Este é o título da miña participación no V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Neste obradoiro traballamos unha serie de actividades deseñadas para a aula de música de infantil e primaria.

A primeira delas foi unha cantiga do repertorio de Florencio, o Cego dos Vilares, Caucarraucau, que nos serve de presentación, primeiro dos asistentes e como remate, do instrumento. Ao presentalo explicamos qué tipo de instrumento é, a qué familia pertence, cómo se produce o son nel, cales son as súas peculiaridades, etc. e aportamos unhas nocións da súa historia. Na aula sempre adaptaremos o volume de información ao nivel dos rapaces aos que nos diriximos. E por suposto responderemos todas as dúbidas que lles poidan xurdir.

As seguintes actividades, nas que empregamos a zanfona como medio de aprendizaxe, están supeditadas ao ciclo do ano, por tanto empezamos co outono cunha cantiga de Merchy Rozas composta para as súas aulas; demos entrada ao inverno, cunha cantiga tradicional; pasamos pola época de Nadal cunha panxoliña de Susa Herrera e dous Cantos de Reis tradicionais.... Todas elas están planificadas tendo en conta os obxectivos, contidos e criterios de avaliación da nosa programación de aula, así como a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas, e servíndonos da zanfona como un recurso didáctico máis.

A seguinte actividade serviunos para, partindo dun conto de Mariné Lorenzo Corcoba: Un soño na bandexa, traballar a poesía e a dramatización e rematar cantando a poesía musicada acompañados da zanfona.

Para xogar e bailar, o Gharutiño, un xogo de roda tradicional.

Chegamos á primavera e aprendemos un poupurrí de cantigas de Maio, coas que traballamos movemento, os conceptos de pulso e acento, a entoación e a rítmica propia das danzas de paus.

E para rematar, a Contradanza de John Playford, que mediante a audición nos facilita recoñecer o timbre da zanfona. Con ela fixemos unha danza e finalizamos cun musicograma para comprobar que se percibiu dito timbre e a forma da peza.

Todos os asistentes participaron de xeito activo, realizando todo o proceso das actividades como se farían na aula. Con tan bos alumnos e alumnas, o resultado foi estupendo.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego