06 novembro 2011

INAUGURACIÓN OFICIAL DO CURSO 2011-12



O pasado venres 4 tivo lugar no auditorio da e-Trad o acto de inauguración do presente curso. Nel puidemos contemplar aos mestres da escola, quen distribuídos en pequenas agrupacións deron boa mostra do seu talento interpretando fermosos arranxos de melodías tradicionais creados para tal ocasión. Os alumnos que o pasado curso completaron os estudos correspondentes ao primeiro ciclo do itinerario profesional recibiron o seu diploma de man do director da e-Trad, Rodrigo Romaní e do Xefe de estudos, Xaquín Xesteira. Así mesmo foi proxectado un vídeo-resumo do pasado ano no que puidemos lembrar a intensa actividade desenvolvida pola e-Trad no pasado ano, tanto no edificio de García Barbón coma nos  ciclos divulgativos, desenvolvidos nos distintos centros educativos da cidade. Non faltou tampouco a oportunidade de ollar imaxes do traballo feito pola e-Trad no estranxeiro: Finlandia, Italia, Escocia, Barcelona, California-, onde o o alto nivel musical e de docencia da cidade de Vigo quedou patente polo bo facer dos nosos mestres e alumnos. A festa rematou, como non podía ser doutro xeito, coa participación do público cantando e mesmo bailando. Na foto adxunta podemos observar aos mestres e alumnos na compaña da Concelleira de Educación, Dna. Raquel Díaz Vázquez, quen malia a súa apertada axenda non quixo deixar de asistires ao acto oficial de inauguración do curso apoiando o traballo da escola.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego