02 novembro 2011

Sondeseu na X Gala dos Premios "Opinión"





A Orquestra Folk de Galicia SONDESEU participou o pasado venres 28 de Novembro na X Gala dos Premios Opinión que tivo lugar no Teatro Colón de A Coruña.
  Sondeseu interpretou varios temas do seu repertorio, un deles na compaña da cantante Rosa Cedrón. Rodrigo Romaní, como director da orquestra, foi o encargado de recoller o galardón que o xornal coruñés outorgou ex aequo ao disco SÓS de Mercedes Peón e a "Barlovento", terceira entrega discográfica de Sondeseu, como mellores discos do ano 2010.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego