19 decembro 2011

GALAXIA E-TRAD. O mestre de zanfona da e-Trad asina a soundtrack da curtametraxe "Percebeiros" (Sea Bites), nominada aos GOYA

Visualiza o vídeo "Percebeiros" (Sea Bites) premendo aquí
Dirixida por David Beriain este verán, con guión de Fernando Ureña e cun deseño do son, obra de Suso Ramallo, a curta: "Percebeiros" (Sea Bites) ven de ser incluída entre as nominadas para os premios Goya. Baseada nas vivencias do bravo percebeiro e músico dos Cempés: Serxio Cés. O documental  logra transmitir toda a crueza épica dun oficio arriscado coma poucos.
A banda sonora vai asinada polo mestre de zanfona da e-Trad: Anxo Pintos quen nas dúas primeiras semanas de Agosto compuxo e gravou a música que acompaña a poderosa filosofía de vida de Serxio Cés e á rexa paisaxe dos cantís e rochas embestidas  polo proceloso mar de Cedeira.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego