14/2/12

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Estamos a poucas xornadas do Entroido, en moitas vilas e Galicia xa se están a celebrar as actividades previas. Na e-trad, como corresponde dentro do "ciclo anual", querémolo celebrar cunha convocatoria de creación de coplas.

  1. FORMATO: As coplas teñen que ter forma de cuartetas (Ex. Unha pera dúas peras, non tiña máis a pereira, unha pera para o xastre, outra para a costureira) 
  2. OBRADOIRO: O vindeiro Venres 10 de Febreiro terá lugar na aula 5 un obradoiro de cantigas de Entroido impartido por Javier Feijoó (Chisco) no que aprenderemos a elaborar coplas segundo o xeito tradicional.  A actividade é aberta ao público e contará como 3 horas lectivas de actividades extraescolares para aqueles que estean a cursar o itinerario profesional.
  3. CÓMO PARTICIPAR: A medida que as vaiades creando tedes que publicalas no facebook da e-Trad  ou, se non tedes conta de facebook, podédelo facer en forma de comentario nesta mesma entrada do blog.
  4. SELECCIÓN: As coplas máis valoradas (que obteñan máis "me gusta" ) no facebook serán incorporadas nunha escolma que empregaremos para cantar o venres 17, nun primeiro momento nas dependencias da escola e máis tarde polas rúas de Vigo.
  5. APRENDIZAXE: Estas cantigas serán interpretadas cunhas melodías que apenderemos nas diferentes aulas de conxunto 2 e nas aulas abertas  e no "conxunto instrumental 3 básico", as cales, con tal motivo están abertas durante estas dúas semanas para aqueles que desexen incorporarse puntualmente as mesmas.
  6. ENSAIO: O mesmo venres 17 a partires das 17,00 h xuntarémonos no salón de actos para ensaiar as cantigas todos xuntos.
  7. DISFRUTE: Unha vez rematada a actividade, e xa a nivel particular, animámosvos a que vivades o Entroido con alegría polas rúas de Vigo cantando, tocando e bailando dun xeito espontáneo e libre, como sempre se fixo na nosa terra, polo que todos aqueles que o desexedes podedes asistir á convocatoria disfrazados, e.. con instrumentos.

93 comentarios:

Anónimo dijo...

Veño de cantar no entroido
Veño de bailar na festa
Veño cheo coma un odre
Non hai vida coma esta

JCF dijo...

¡Atención!, escoita a copla,
nos queremos que o sepades,
¡haber se vos enterades!,
todiños no Entroido estades.


Bota un farrapo por riba,
colle calquera fardelo,
pon na tua cara un sorriso,
¡xá temos un bascalleiro!

JCF dijo...

Outro ano xá vín, xá volvín,
son alegre e algo indiscreto,
chourizos comín, e filloas,
e todos "O Entroido" me din.

JCF dijo...

A Alcaldía e moi xenerosa,
a E-Trad xa ten letreiriño,
cafeciños da máquina,
tamen veñen de camiño.

Anónimo dijo...

Moita festa e boa música
fan estes alumnos da e-Trad
hai que ver con que alegría
eles sempre están a tocar

Será coa música da gaita
ou polo son da zanfona
pero eles sempre fan boa festa
cando pola porta saen afora

JFA dijo...

Unha cousa que non mola,
e que é toda unha experiencia,
é que te chimpen da escola
polas faltas de asistencia

JFA dijo...

Temos urxencias vitais:
precisamos máis desfase,
facer festivo San Brais
e no Entroido no ter clase

MV dijo...

Celebrar Santa Cecilia
e non vir nin a ensaiar
porque xa decía a Biblia
que son fiestas de guardar

MV dijo...

E nós coma bos cristianos
louvamos estes santiños
amándonos como hermanos
e bebendo moito viño

JCF dijo...

Debido a falta de espacio,
temos clase no pasillo,
¿qué carallo fai pechada,
a sala que está debaixo.

Outra dijo...

Foi a última audición,
de moita festa e aleghría,
na rúa, ata ben tarde,
¡ata veu a Policía!

MV dijo...

Hei de ir ó curso de trompa
que nos dará o director,
curso para ter en conta,
din que na trompa é o mellor

Hai que levalo instrumento
e ¡mira ti que carallo!
que non sei neste momento
se é o vaso ou é o xarro

É curso para iniciados
hei dir con boa actitude,
algúns xa vamos rodados
sacaremos cum laúde

Non sei se será na Escola
ou se será na Aldeana
pero sexa dónde sexa
me despido hasta mañana.

JCF dijo...

Na E-Trad, axiña no Entroido,
hai festa con invitados,
entrase pola escaleira e,
sáese non polos tellados.

JCF dijo...

O que estades aquí vendo,
non é soño que é moi certo,
mais parecen os da E-Trad,
nun desorden sen concerto.

Anónimo dijo...

Afiando xamón co violín
para levarnos a Xustáns
bailando o pirimpimpim
coa mestra Quintillán

Anónimo dijo...

Chegou un novo Entroido
a escola da e-trad
danzae baile polas rúas e despois
xa se verá

Anónimo dijo...

O mestre de canto
énchenos a fartar
chocolate, leite e salo de ocarina qué dará?

Anónimo dijo...

Afiando o xamón co violín
para levarnos a Xustáns
bailando o pirimpimpim
coamestra Quintillán

Anónimo dijo...

Esta copla que botamos
non está preparada
para coller folgos
co viño e a empanada

Anónimo dijo...

Que os do anexo non se enfaden
que non lles pareza mal
para profesores juapos
o edificio principal

TRD dijo...

Ao profesor de Lalín
véselle moito por Vigo
Seique prefera as cigalas
que o prato de cocido

Anónimo dijo...

AO DAS FALTAS DE ASISTENCIA
TAMÉN RÓNCALLE O CARALLO,
COMO QUERES QUE NON FALTE
CO QUE COSTA TER TRABALLO

Rita Costa dijo...

Romaní viste moi fino
porque éo director da orquestra
pero me falta miralo
sacar punto nunha festa

Anónimo dijo...

Quero aprender o instrumento
a eso veño cada ano
pero me la pela Mozart
eo muermo de Vaquedano

MRW dijo...

A quen lle mando unha copla,
é a señora da entrada
que para atender a xente
non hai que estar amargada

Anónimo dijo...

Levo catro anos na escola
Xa me sei toda a teoría
Pero aínda non me levaches
de festa a unha romería

Anónimo dijo...

A esta taberna chegamos
coas ganas de cantar
pedimos permiso
para non lles molestar

Anónimo dijo...

Xuntouse ol lazarillo de Corme
co percebeiro de Chantada
ensaiando cantar de cego
quedoulles ben entonada

Anónimo dijo...

Ocarina que será?
Máis que bocadillo de calamares
parece un kebab

Anónimo dijo...

Estas gastro coplas
teñen que ser boas
para poder apañar
orellas e filloas

Anónimo dijo...

Copla Cunqueirana
pola festa e xantar
para tocar e cantar
convidados na Aldeana

JCF dijo...

O reptil da Carolina,
anda co rabo pautado,
que o pautou Xaquín Xesteira,
por non ter un encerado.

Anónimo dijo...

Algo se move na escola
eu xa non sei que será
seica andan dicindo os mestres
que é a pantasma da e-trad.

Anónimo dijo...

Vinde todos, vinde todos
pois o entroido xa está aquí
non hai gaita sen Xesteira
nin arpa sen Romaní.

Anónimo dijo...

Temos un profe na escola
que quere ser pianista
din que é asunto de sona
cantando éche un artista

Anónimo dijo...

A crise cheghou ó centro
non é cousa pra olvidala
non poñen un churro enteiro
cun café na aldeana

Anónimo dijo...

os mestres do principal
ghuapos son como un adonis
mais son os do edificio anexo
os que son máis resultones

JCF dijo...

Temos un mestre na escola,
gaiteiro e malabarista,
toca a gaita cunha man soa,
isto é de sacar na revista.

JCF dijo...

Este é o momento oportuno,
de que todos os da alcaldía,
pratíquen o buceo en Rande,
por alí está a tesourería.

Anónimo dijo...

A vida de artista
non é cousa doada
anda Teddy Bautista
coa trompa da Fonsagrada

Anónimo dijo...

As costureiras de Sete Saias
traballan e non dan abasto
nas viaxes Navicularias
bordaron nos camastros

Anónimo dijo...

Para non ter confusións
non se den por aludidos
son coplas,non pretensións
pasando desapercibidos

JCF dijo...

Agora non vai de broma,
esta sí que é cousa moi seria,
é desgracia que non risa,
o da borracheira diaria.

JCF dijo...

Eu "sempre te amarei" Whitney,
caiche e xa non levantache,
xogar con lume é perigo,
arriscache e te queimache.

Anónimo dijo...

No medio do Nóoso mare
afundiu un bergantín
cargadiño dos tesouros
que apañou Urdankarín

Retrouso
Carallo pra o xenro
da casa real
pillou ao rei tenro
e saiulle moi mal

...Saiulle moi mal
con moita razón
non temas Iñaki
que ó trullo vai Garzón

Anónimo dijo...

O Rei non o sabía
a Raiña sospeitaba
que debaixo do cú
a merda che asomaba.

Urdangarín, Urdangarín
quen o diría
so che faltou coller
unha baixa por minusvalía.

Alguén dijo...

Un recorte polo medio
Outro polo arredore
Así fai este goberno
Leña pra os traballadores

Se queres boa xustiza
Teste que vir para España
Os cabróns cantan albricias
Para os xustos só hai caña

Andan os curas contentos
Non lles cabe a alegría
Maricóns e aborto fóra
Adeus a cidadanía

Os que queren monarquía
Tiñan que facer un fondo
Darlles os cartos a eles
E non ás caixas de aforros

Onde van os indignados
Onde al protestas nas rúas
Garzón inhabilitado
Os Camps xa voltan ás súas

Adeus rios, adeus costas
Adeus xustiza e dereitos
Adeus amoriños todos
Non sei cando nos veremos

As da entrada dijo...

¿Dónde están as chaves?
matarile rile rile
¿dónde están as chaves?
matarile rile rile ron
seguro que as ten Alfonso
no peto do pantalón,
no peto do pantalón
na funda do violín
facede unha copia nova
esas nunca máis as vin

Celso Moreira dijo...

Houbo unha vez un alcalde
que nos quixo trasladar
e por moito que o intentou
tívose que aguantar

Anónimo dijo...

os politicen revoltos
fuxen dos folións
non saben u-los cartos
pero teñen para pantalóns

Anónimo dijo...

choqueiros de folións,
cantamos ben tarde
cavilando razóns
para festeiros de balde

Anónimo dijo...

estas chocas que levamos
son da nosa tradición
para que resoe cada copla
alonxando maldicións

Anónimo dijo...

Para o político serio,
cando chega a presidente,
o primeiro é desfacer
canto fixo o precedente.

Anónimo dijo...

O dos farrapos vermellos
fai que o corpo se estremeza
que con todos eses trinos
vólveme tola a cabeza

Anónimo dijo...

(estribillo para a carolina)

O país está tolo
non sei que vai pasar
menos mal que quedamos
os alumnos da e-trad

JCF dijo...

O cura está acojonado,
co incremento da devoción,
moitos van a comer hostias,
e son horas dando comunión.

Estribillo
Son coplas do entroido
de malicia e
de escarnio
manda a tradición.

Son coplas de escarnio
e tes que aguantar
unha vez o ano
vouchas a cantar.

JCF dijo...

Somos choqueiros no entroido,
e cantámosche o estribillo,
estribillo e mais copla,
¡qué Caballero listillo!

Estribillo
Cacheira e patacas
repolo e chourizo
touciño do bo
un pouco de unto

comida de entroido
filloas e frores
azucre por riba
e bandullo tamén.am

Anónimo dijo...

Ai, Garzón!!
Pra un home quós ten ben postos
e que se chama Garzón
prego señores e pido
un pouquiño de atención

que andan a atacalo que parecen cás
que sinto vergoña de oílos falar

Primeiro con Piochiño,
perdón era pinochet
xustizapide praos mortos
que esta sempre mal se ve

que andan a atacalo que parecen cás
que nunca comeran digo ou non verdá

mirei antonte na tele
que a xustiza si funciona
cando aquel a quen xuzgan
peca de boa persoa

Por que non decilo se é a verdá
os mortos da guerra queren durmir xa

E xa que estamos no Entroido
queremolo festexar
convidado quedas,home
a filloas e demáis

un pouco de viño, un aljo de pan
orellas , lacón e máis que haberá

Anónimo dijo...

Temos un profe de canto
eso si que é unha xoia
que ben toca no piano
a rumbiña de Tordoia

Anónimo dijo...

Estribillo Pasodobre.
Porque os da e-trad-e
xa estamos de entroido
imos a cantar-e
como mil demonios
Como mil demonios
como mil demonios
Porque os da e-trad-e
xa estamos de entroido.

Anónimo dijo...

Chisco canta como os anxos
coa pandeireta na mano
máis por favor que lle paghen
unhas clases de piano

Anónimo dijo...

Estribillo Carolina:
Con isto da crise
economica e social
como fixeron os vellos
imos ter que emigrar.
imos ter que emigrar
imos ter que emigrar
para un salario digno
así poder gañar.

AGB dijo...

Cando te cruces con Xela
rézame tódolos salmos
pois na segunte clase con ela
debatirás o matriarcado

AGB dijo...

O noso mestre de gaita
éche un mestre singular
quere que apretes na gaita
para sen brazo quedar

AGB dijo...

Poden facer trinta grados
e andar coa calor molido
pero non Xaquín Xesteira
él sempre morre co frío

AGB dijo...

Temos un profe de percu
que toca con garbo e con brío
pero o vemos nun video con pelo
e pensamos que é outro tío

AGB dijo...

Os de ritmos e xéneros
andamos coa orella tola
pois ademais de escoitar jotas
oimos un zumbido que amola

AGB dijo...

Hai que dicirlle a Anxo Pintos
que a música gastronómica mola
pero que palomitas queimadas
non hai no mundo quen as coma

AGB dijo...

As mozas que cantan e bailan
causanme gran admiración
pero si manexan ben un punteiro
causanme unha gran devoción

Anónimo dijo...

Moito aprendemos na e-trad
moito tocamos alí,
solo nos falta un detalle:
as mesas para escribir.

Anónimo dijo...

Ahí vos veñen cantando
son os señores da e-trad
pra un día que estan de festa
haberá que i-los mirar.

AGB dijo...

Coplas para unha gaita ferida

A nosa gaitiña fermosa
laiase cheçiña de dor
pois lle meten roncos por un tubo
e fan de pástico ao tambor

Vístense de mini-saia
e tocan gigas e reels
Onde quedou a jotiña,
Onde o orgullo gaiteiril!

Modifican a nosa historia
para transfigurar a gaita
co fácil que lles sería
irse a tocar pra Irlanda!

Tocade a gaita galega
pero sin largarlle esos arreos
que xa é velliña de seu
y merece os nosos respetos

Eu dijo...

Agora de tódolos mestres
Un pouco imos falar
Porque con tanta copla
Algún sen cabeza ha de quedar

Comezamos co noso director
Que éche un home ben plantado
E cando hai actos na escola
Sempre é moi ben falado

O mestre de Cambados
Tenche mañas de domador
Que nas audicións da escola
Do público é o animador

O mestre de zanfona
Témolo un pouco esmirriado
¡dádelle de comer a ese home
Vinte cunquiñas de caldo!

O que é máis festeiro
É ó noso mestre de canto
Porque é o único que atopas
De foliada e de furancho

Haiche outro dos mestres
Que seica é de Xustáns
Faiche de cego ás veces
Aínda que lle falte o can

Hai un home de Lalín
Co repertorio ben recortado
Só toca a de Pepe Borracho
E a do Galo de Leirado

A mestra máis nova
Tenche un bo figurín
Será que vai ó gimnasio
Ou que toca moito o violín?

A outra mestra
Ás veces ponche mala cara
Cando por algunha causa
Á clase chegas retrasada

E o último dos profes
Fai pouco ruido e moitas noces
Porque o que máis lle gusta a el
E ir ás setas polos montes

E para completar o cupo
Metemos no lote ó secretario
Que para facerlle un escrito
Has ter estudos de notario

Non vos anoxedes polas coplas
Que a máis de un deixei colorado
E non vaia a ser que por elas
Me retiredes o aprobado

Eu dijo...

(quedábame un mestre atrás. Josiño, non te me escapas!)

Temos outro mestre
Que é de boa colleita
Toca bouzouqui e requinta
E a gaita na Regueifa

JCF dijo...

A xustiza non é xusta,
perdido estas sin padriño,
sí, Montes Neiro a perpetua,
pagouna por ven pouquiño.

JCF dijo...

O carallo de Mariano,
non para de dar bandazos,
un presi reboutallo da os
traballadores trompazos.

Anónimo dijo...

O reptil non é arnau
pois é salamanquesa
vou coller un pau
danzando unha carballesa

Anónimo dijo...

Repinicando no baile
coas zocas e patelas
faremos con agarimo
a danza das espadelas

JCF dijo...

Caso curioso o dos mestres,
pois todos teñen dous oídos,
e por esta misma razón,
eles son músicos finos.

Anónimo dijo...

Os que aghora nos jobernan
seica van facer emprego
dando coba aos empresarios
mandandonos a paseo

Anónimo dijo...

Fala que fala de crisis
o que estamos a facere
e mirare para afora
e a casa sen barrere

Anónimo dijo...

Unha volta polo medio
non te canses meu meniño
que si ti vas canso, neno
o meu fol xa pide viño

Anónimo dijo...

Bailaches piruliña
bailei pirulé
coma foi que bailaches
pois na punta do pè
pois na punta do pè
pois na punta do pè
Bailaches piruliña
bailei pirulé

TPM dijo...

Eu xa estou hasta as pelotas
de que todos de mín rían
cando o tocaba na casa
cajo na cona, Salía¡¡

Anónimo dijo...

Cando vos pidan a chaves
sobre todo a daula "ocho"
mirade donde as gardades
nas vaiades ter no.. Bailaches Carolina¡¡

Anónimo dijo...

O meu mestre cando chove mete o rabo na silveira pero cando xa non chove canquer hoco elle trincheira

Anónimo dijo...

Non sei se de trompeta ou "trompa"
o curso de que vai ser
so sei que o día sejuinte
non me vou poder mover

Anónimo dijo...

Levo trompa ,levo trompa
levoa máis unha e media
no entroido noite e día
metidiña nesta leria

JCF dijo...

Estribillo

Soralla por aquí,
Soralla por alá,
Soralla sonche eu,
pois eu tamen o son.

Sempre nos copiades,
copiar copiades vos,
non tendes nin idea,
pois eses sodes vos.

Anónimo dijo...

Que se un día chego tarde
Outro día un catarrón
A verdade é que estou farta
De tanta xustificación

Juanma vai facer as copias
Non sei quen vai a cantar
Xela controlando as faltas
Anxo prefire gravar

Isto vai ser un desastre
Non hai organización
Menos mal que chega Alfonso
Co seu aquel previsor

Teño que facer mudanza
Esta clase non a dou
Non hai como ser o xefe
Pra dicir HOXE NON VOU

Anónimo dijo...

Medios non faltan nas aulas
os profes tantos non son
se prepararan as clases
sería moito mellor

Anónimo dijo...

Un mordente, dous mordentes
non pide nada Xesteira
un mordente, dous mordentes
déixollos a quen os queira

Anónimo dijo...

Xesteira morre co medo
de que o fleco sexa feo
en cambio que esté afinado
non lle importa un carallo

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu