14 febreiro 2012

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Estamos a poucas xornadas do Entroido, en moitas vilas e Galicia xa se están a celebrar as actividades previas. Na e-trad, como corresponde dentro do "ciclo anual", querémolo celebrar cunha convocatoria de creación de coplas.

  1. FORMATO: As coplas teñen que ter forma de cuartetas (Ex. Unha pera dúas peras, non tiña máis a pereira, unha pera para o xastre, outra para a costureira) 
  2. OBRADOIRO: O vindeiro Venres 10 de Febreiro terá lugar na aula 5 un obradoiro de cantigas de Entroido impartido por Javier Feijoó (Chisco) no que aprenderemos a elaborar coplas segundo o xeito tradicional.  A actividade é aberta ao público e contará como 3 horas lectivas de actividades extraescolares para aqueles que estean a cursar o itinerario profesional.
  3. CÓMO PARTICIPAR: A medida que as vaiades creando tedes que publicalas no facebook da e-Trad  ou, se non tedes conta de facebook, podédelo facer en forma de comentario nesta mesma entrada do blog.
  4. SELECCIÓN: As coplas máis valoradas (que obteñan máis "me gusta" ) no facebook serán incorporadas nunha escolma que empregaremos para cantar o venres 17, nun primeiro momento nas dependencias da escola e máis tarde polas rúas de Vigo.
  5. APRENDIZAXE: Estas cantigas serán interpretadas cunhas melodías que apenderemos nas diferentes aulas de conxunto 2 e nas aulas abertas  e no "conxunto instrumental 3 básico", as cales, con tal motivo están abertas durante estas dúas semanas para aqueles que desexen incorporarse puntualmente as mesmas.
  6. ENSAIO: O mesmo venres 17 a partires das 17,00 h xuntarémonos no salón de actos para ensaiar as cantigas todos xuntos.
  7. DISFRUTE: Unha vez rematada a actividade, e xa a nivel particular, animámosvos a que vivades o Entroido con alegría polas rúas de Vigo cantando, tocando e bailando dun xeito espontáneo e libre, como sempre se fixo na nosa terra, polo que todos aqueles que o desexedes podedes asistir á convocatoria disfrazados, e.. con instrumentos.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego