A aula de Zanfona en colaboración cos Estudios Ancestral organiza un curso de Zanfona impartido por Germán Díaz. O curso, que se desenvolverá nunha única xornada, está aberto tanto para alumnos avanzados coma para aqueles que teñan un nivel básico.
Ao remate do curso terá lugar un concerto a cargo do mestre seguido dunha cea-foliada como ven sendo habitual nos cursos de Xustáns. Para reservar praza preme neste link que hai sobre a foto. Máis información na Aula de Zanfona.O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario