08 febreiro 2012

GALAXIA e-Trad. Música tradicional de primeiro nivel liderada por dous dos nosos mestres

 

Este Sábado día 11 os amantes da música tradicional galega van ter moi difícil a súa elección. Entre as 8 e as nove da tarde sairá ao escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra  TREIXADURA, o grupo do noso mestre de gaita Xaquín Xesteira, a dia de hoxe o grupo máis prestixioso da música tradicional galega. Ao mesmo tempo a Asociación Cultural "O FIADEIRO", dirixida por Javier Feijoó (Chisco), presenta no Teatro municipal de Tui o seu espectáculo "de Oficios e Labores", o mellor espectáculo de baile de e etnografía de Galicia.


O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon reflectir coa colaboración dos coros decanos de Galicia “Cantigas e Agarimos” , “Cántigas da Terra”, “Real coro Toxos e Froles” e “Coral De Ruada”.
O concerto comezará ás 21:00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do auditorio e na páxina web servinova tanto para este concerto como para o que ofrecerán o próximo 21 de Abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 


"... O Fiadeiro, Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais" do que é codirector o noso mestre de canto Popular Javier Feijoó (Chisco), presenta este vindeiro sàbado 11 der febreiro ás 20:30 h. no auditorio municipal de Tui o seu espectàculo "de oficios e labores" dentro do programa que o AGADIC e o Xacobeo promove co nome de "Danza 3"
Máis información e reserva de localidades en www.culturatui.info

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego