24 abril 2012

EMAO e ETRAD celebran xuntas a chegada dos MAIOS

Estudiantes da ETRAD e da EMAO están a celebrar de maneira conxunta a festa tradicional dos maios. O vindeiro venres 27 vaise rematar o maio tradicional que se ven confeccionando no patio do edificio, asemade están a se decorar  portas e fachadas.

O vindeiro venres 27 de Abril de 17:00 a 18:00H , coa finalidade de que todo o mundo poida participar deste interesante evento, haberá un curso intensivo de cantares dos maios no salón de actos. Este curso precederá á mostra na escola e á saida do maio polas rúas da cidade.
Animádevos a participar.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego