24 abril 2012

Extraescolares ETRAD. A musicalización de películas de cine mudo por Alfonso Franco

Extraescolares ETRAD.  Curso teórico- práctico sobre a musicalización de películas de cine mudo a cargo do mestre da ETRAD Alfonso Franco.
Venres: 27 de abril, 4 e 11 de Maio
15 prazas
Salón de Actos da ETRAD
Inscrición na oficina da ETRAD

Musicalizar un película de cine mudo é moito máis que interpretar unha secuencia de melodías ao tempo que discurre a mesma. Os instrumentos teñen que dar vida a unas imaxes que precisan dun apoio sonoro para  transmitiren a súa mensaxe



Neste cursiño imos traballar os distintos recursos musicais dende o punto de vista da súa capacidade para crear emocións. Musicalizar unha película de cine mudo non só supón a mera interpretación dunha serie de obras musicais. Os músicos teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todos os recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.
Durante as tres xornadas do cursiño prepararemos unha película que nunha xornada posterior será proxectada e musicalizada ao vivo.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego