07 abril 2012

Eventos ENFO. Sábado 7 de abril. Concerto das orquestras ENFO no auditorio Mar de Vigo. 20 horas

Logo dos dous fantásticos concertos no Auditorio Municipal da Sibelius Folk Big Band e da TradAlp Orquestra, chega o día máis agardado do encontro ENFO auspiciado polo Concello de Vigo.

A partires das 20 horas no Auditorio "Mar de Vigo", Sibelius FBB, TradAlp e a OFG SondeSeu ofrecerán un concerto inédito en Galicia. Tras expoñer os seus repertorios por separado, as tres orquestras uniranse para tocaren unha suite de temas fineses, piamontinos e galegos interpretada por máis de 120 músicos.
Lembrámosvos que inda é posible conseguir algunha das 150 invitacións que quedan na billeteira do propio auditorio desde as 18 horas. Estamos convencidos de que para todos os asistentes esta vai ser unha experiencia única e apaixonante.

... E isto non é todo por que durante a mañá teremos:
Concerto na Rúa do Príncipe (Diante do MARCO) da Sibelius Folk Big Band
...E seguimos con workshops na ETRAD

          09:30-11:00 
        The Fiddle in Escandinavian Music, a Nordic Fiddle approach
·                               Traditional singing of the Alps: polyphonic style

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego