10 abril 2012

Galaxia ETRAD. Anxo Pintos no Galicia Connections. Cidade da Cultura. 11,12,13 de Abril


O mestre de Zanfona da e-Trad no GALICIAN CONECTION cunha escolma dos máis prestixiosos músicos do mundo da "World Music".
Un programa formativo a cargo de seis mestres da World Music, charlas e debates e un concerto de clausura no Museo de Galicia. Esta é a oferta de Galician Connection, tres xornadas dedicadas ás músicas do mundo baixo a dirección artística de Cristina Pato e coa participación especial do recoñecido músico cubano Paquito D’Rivera.  

Compartindo experiencias ao longo destas tres xornadas estará un dos máximos expoñentes da cultura tradicional China e posuidor de varios Grammys, Wu Tong; o mestre de táboa india Sandeep Das; unha das figuras máis influíntes dentro do ‘tango-jazz’, o arxentino Emilio Solla; o percusionista e director da 'The World Orchestra', o valenciano Josep Vicent; ademais do músico, arranxista e compositor de jazz cubano Paquito D’Rivera. Pola súa banda, un dos fundadores de Berrogüetto e mestre de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos, e a que foi a súa voz durante máis dunha década, Guadi Galego, serán os encargados de representar a tradición galega.
Programa formativo exclusivo
Dirixido preferentemente a profesionais do sector musical, Galician Connection ofrece un programa de formación exclusivo impartido por estes seis mestres da música, que  inclúe foros de debate ao redor da World Music, asistencia a ensaios e clases prácticas e encontros "cara a cara", ademais dunha sesión especial con Paquito D’Rivera.
Foro de debate
A World Music tamén será abordada desde o punto de vista da programación e a busca de novos mercados a través do Foro Diálogo Intercultural e Desenvolvemento Cultural Sostible, que contará coa presenza de responsables de festivais como o APAP de Nova York, o Festival Internacional de Jazz de Barcelona ou o HUM Ensemble da India.
Galician Connection Ao Vivo 
O Museo de Galicia acollerá o concerto de clausura a cargo dos seis músicos convidados, que interpretarán pezas de cada unha das tradicións culturais que representan.
Entradas á venda en Servinova.com
COMPRAR ENTRADA >>

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego