23 maio 2012

Audición de Xuño. Venres 1 de Xuño


Coa chegada do remate das clases por este curso 2011/2012, os/as alumnos/as das diferentes especialidades instrumentais da e-Trad terán o pracer de compartir a súa música con todos aqueles que se queiran achegar á Escola.
Poderemos escoitar os sons dos diferentes instrumentos tradicionais que se ensinan no centro;  gaita, percusión, canto popular, requinta, acordeón diatónico, zanfona, violín folk, corda pulsada e arpa céltica en melodías aprendidas neste curso, tanto por solistas como por conxuntos instrumentais. Esta será a derradeira audición previa ao acto de Fin de Curso que se celebrará no Auditorio do Concello de Vigo o día 14 do mesmo mes e que dará paso ás vacacións estivais. Unha tardiña agradable de lecer e música tradicional, de compartir e felicitarse polo aprendido durante todos estes meses.

Día 1 de xuño
19h – 20:30h
Patio/auditorio da e-Trad
Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego