08 maio 2012

Monográfico: A pandeira cántabra. Alba Gutierrez

Monográfico: A pandeira cántabra. Alba Gutierrez
Día 25 de maio
16h – 19h
Salón de actos da e-Trad
Número de prazas: 15
Último día de matriculación: 18 de maio



 O venres 25 de maio teremos o pracer de ter como convidada a cantante e
tocadora de pandeireta cántabra Alba Gutierrez, unha das representantes
mais importandes do eido da música tradicional en Cantabria. Empezou a
súa andaina musical dende ben nena estudiando na Escola de Folklore de
Cabezón de la Sal e xa a temprana idade acada varios premios en diferentes
festivais de música tradicionalgravando, con tan só 13 anos, o seu primeiro
disco “Y aquí me pongo a cantar”. Conta con mais de 600 actuacións ás súas
costas por todala Península Ibérica participando con varios grupos (como o
coñecido “luétiga”) e colaborando con coros e rondas. Actualmente compaxina
a súa vida musical co grupo “Trébole” coa investigación en música tradicional,
unha intensa actividade docente e participando en discos como “Arrolos de
salitre” de Guillerme Fernández e Xavier Díaz.

A  pandeireta  é  o    instrumento  rei  da  música  popular  de  Cantabria.  A  través
deste  monográfico  conoceremos  máis  de  preto  os  estilos  de  tocar  nos
distintos vales cántabros. Profundizaremos na materia a través da audición de
diferentes  gravacións  realizadas  a  informantes  da  rexión  e  traballaremos  con
distintos ritmos e repertorio vocal.
También  terá  cabida  a  técnica  vocal  e  a  posterior  realización  de  exercicios
prácticos  de  cara  á  reinterpretación  das  melodías  e  ritmos  estudiados.
Finalmente  tamén  haberá  tempo  para  o  análisis  e  reflexión  acerca  das
diferencias
Imprescindible levar instrumento.
Mais información sobre Alba Gutierrez en www.albagutierrez.com

Día 25 de maio
16h – 19h
Salón de actos da e-Trad
Número de prazas: 15
Último día de matriculación: 18 de maio

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego