05 xuño 2012

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ETRAD. 14 De XUÑO. 19 HORAS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO.

O vindeiro xoves 14 de xuño a ETRAD celebra o seu festival de fin de curso. Máis de 150 alumnos de todas as especialidades instrumentais e dos conxuntos que se imparten na escola, participarán no concerto cun repertorio escollido para o festival. Unha boa ocasión para amosar e escoitar os progresos feitos ao longo do curso.

Para todos os que vos queirades achegar, a cita é no Auditorio Municipal de Vigo, o xoves 14 de Xuño a partires das 19 horas. A entrada é de balde. Débese retirar a invitación correspondente na taquilla do teatro 2 horas antes do comezo. As normas de seguridade non permiten estar de pé nos corredores.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego