08 outubro 2012

SondeSeu leva o folk máis orquestral a San Froilán

O pasado venres 5 de outubro, a Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu", vencellada desde os seus inicios á ETRAD, ofreceu un concerto na Praza de Santa María de Lugo, dentro do programa das festas de San Froilán 2012. No que atingue ao seu repertorio, destacaron a semiestrea de tres temas de recente incorporación compostos e arranxados polos músicos Rodrigo Romaní e Xaquín Xesteira. Estes temas xunto cos que se están a montar, formarán parte do cuarto traballo discográfico de SondeSeu, previsto para o vindeiro ano.
A orquestra amosou caras novas entre os seus integrantes, que veñen a ampliaren as seccións de gaita, requinta e corda pulsada.
Todos os músicos da formación quedaron encantados coa calurosa acollida por parte do numeroso público lucense que acudiu ao concerto.
Informarémosvos en breve dos concertos que SondeSeu ten previsto facer no mes de novembro por Galicia adiante.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego