13 novembro 2012

FOLK 2020. A Música Folk Contemporánea como parte das Industrias Culturais e Creativas

FOLK 2020 
A Música Folk Contemporánea como parte das Industrias Culturais e Creativas
O Concello de Vigo aposta novamente pola Rede Europea de Música Folk e Tradicional, promovendo un novo proxecto europeo denominado: FOLK 2020
A cidade de Vigo é novamente o promotor dunha iniciativa que pretende dinamizar as conexións entre os centros educativos de música tradicional máis importantes do Continente, sendo unha vez máis o motor dun proxecto do Programa de Cultura da Unión Europea. Este novo proxecto involucra ademáis da cidade de Vigo, aos centros educativos que ata agora formaron parte da ENFO, procedentes de Escocia, Italia e Finlandia. Xunto a eles máis de 10 institucións musicais de toda Europa mostraron xa o seu interese por participaren nalgunha das súas actividades.
OBXECTIVOS DO PROXECTO FOLK 2020: 

1. A promoción da música tradicional europea e as orquestras folklóricas como un compoñente cultural das industrias creativas.

2. Apoio da mobilidade e a cooperación entre artistas de diferentes países para faceren un produto atractivo e anovador dende o punto de vista cultural e artístico.

3. Orientación da música tradicional como canle de distribución e circulación das obras artísticas e produtos culturais,  xunto coa vinculación cos novos subsectores creativos.

4. Promover a presenza deste proxecto e o programa Cultura en eventos internacionais.

5. Promover a presenza da música folclórica en currículos formais de música académica.

6. Loitar pola inclusión da música popular tanto nos plans de estudos como nos programas de educación e formación para aseguraren a conservación e a consolidación da música popular contemporánea como un activo cultural da UE.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego