11/12/12

GALAXIA ETRAD. RODRIGO ROMANÍ PRESENTA " AS ARPAS DE BREOGÁN" NO TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA. VENRES 14 DE DECEMBRO. 19 HORAS


(Fonte Radio Obradoiro). As arpas de Breogán' é o título do novo disco en solitario de Rodrigo Romaní. Con este álbum o director da ETRAD e SondeSeu comenta que: "salda unha débeda que eu tiña coa arpa, o instrumento que leva trinta anos dándome de comer". Segundo dixo, o disco está adicado á arpa céltica e creado a partir da música tradicional.
'As arpas de Breogán' inclúe temas de composicións propia e adaptacións de temas tradicionais para os que Romaní contou coa colaboración do percusionista de Berrogüetto, Isaac Palacín, a cantante Inés Lorenzo e a nena Noela Dosil, veciña de Rodrigo Romaní, que canta o tema  'O Feitizo de Añón', unha das grandes sorpresas do disco.
Este traballo foi concibido nun principio para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, engadíndose despois outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas, así como elementos de ambientación electrónica.
Ademais de promocionar este novo disco, Rodrigo Romaní segue volcado nun dos seus proxectos prioritarios, a Orquestra Folk SondeSeu.  "Estamos traballando nun novo disco, ensaiando os novos temas e esperando un proxecto europeo que conectará a SondeSeu con outras músicas de Europa".
'As arpas de Breogán', que xa foi presentado en Noia, será levado ao Teatro Principal de Santiago o venres 14 de decembro ás 19.00 horas.

No hay comentarios:

VIGOFOLK

FolkenlaRed.com

Folque

A Regueifa Blog

EDUCAFOLK

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Noticias y Festivales en Tierrafolk.com

EL POZO DE STIRLING

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego

Escuela de Música Tradicional Llangréu