15 abril 2013

EXTRAESCOLARES ETRAD. MUSICALIZACIÓN DE PELÍCULAS DE CINE MUDO. ALFONSO FRANCO. 12, 19 E 26 DE ABRIL




Neste cursiño imos traballar os distintos recursos musicais dende o punto de vista da súa capacidade para crear emocións. Musicalizar unha película de cine mudo non só supón a mera interpretación dunha serie de obras musicais. Os músicos teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todos os recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.
Durante as tres xornadas do cursiño prepararemos unha película que nunha xornada posterior será proxectada e musicalizada ao vivo.


ETRAD
Días 12, 19 E 26 DE ABRIL
16h – 19h
Aula 3
Número de prazas: 15.
Créditos computables por horas na ETRAD: 9 hs.
Último día de matriculación: 11 de Abril ata as 14 hs.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego